Alberte Momán Noval


(Ferrol, 1976)
Autor de poesía e narrativa. No eido da edición estreouse colaborando co colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar na coordinación dos Q de Vian Cadernos. Posteriormente crearía dous selos editoriais propios, O Figurante e Emerxente. Actualmente vese inmerso no desenvolvemento do selo M Editora.
No campo da narrativa, cunha grande compoñente de experimentación que comeza coa publicación de Vattene!, traballa sobre o concepto da micronovela, onde une xéneros como a fantasía e a ciencia ficción dende unha perspectiva que o achega ao surreal, rescatando, ao mesmo tempo, a esencia de formatos,
hoxe case desaparecidos, como o pulp.
Nesta liña encadraríase a Triloxía Vátenne! O legado extraterrestre (culminación daquela primeira micronovela), Bosquexos para unha distopía, Lapamán, Ocidente e Barata minha barata. Estas dúas últimas escritas en portugués padrón.
No que respecta á poesía, despois de anos desenvolvendo, como liña temática, unha retrospectiva profundamente autobiográfica, pretende romper con esa dináminca con 1 [14] 1, no que leva a ciencia ficción, ou poesía ficción como aparece no libro que está por saír, ao eido da poesía, recollendo a bagaxe dos últimos anos de experiencia na narrativa para unificar xéneros, desenvolvendo unha historia de ficción que se integra no que era, até o momento, o seu último libro de poemas.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Alberte_Mom%C3%A1n