Clara Vidal


Naceu antes de vir ao mundo a causa dun dobre amalló umbilical. Seica foi na cidade de A Coruña no 92, mais non se lembra. Aprendeu a ler con tres anos e escribe poemas desde os seis.

Adoita «falar en verso» e escorregar fragmentos literarios ou letras de cancións nas conversas cotiás. A meirande parte das veces, a xente non se decata.

Graduouse en Filoloxía no ano 2014 e no 2015 acadou un mestrado en Estudos Artísticos, Literarios e da Cultura e unha especialidade simultánea en Literatura Comparada, Teoría Literaria e Retórica. Os tres títulos afianzaron a súa perseveranza testuda e meticulosa no mundo das humanidades. Ademais, interesada noutras vertentes de coñecemento, estudou diversos cursos multidisciplinares, atinxindo conciencia en moitos outros campos que reafirmaron o seu carácter curioso e innatamente repugnantiño.

A autora sabe moi pouca cousa de moitos asuntos; é dicir, non sabe nada. Cuestiónase sempre os motivos de todo porque cre que o único xeito de vida susténtase na aprendizaxe incesante. Afirma que os libros son unha das vigas máis esenciais das casas. Sen literatura que sosteña, non fica nada.

Adora o mar bravo e rescatar versos onde a xente non escoita que en realidade xa existen.

Poderíase dicir que é rescatadora de versos, antes ca poeta: os poetas sempre son nenos ou anciáns; o resto, afeccionan.

Algúns dos seus poemas poden consultarse en http://claravidalpoemas.wordpress.com e tamén está aberta a súa canle de YouTube con videopoemas.

claravidalpoemas.wordpress.com