Fátima N. Delgado


O Barco de Valdeorras, 1981)

É ovarios, serpe, egua, Salomé, viño tinto, apéndice, dragoa, manequín, Ulises, ouveos e sobre todo muller metáfora. No 2004 obtén o 2º premio no “V Certame de Poesía para novos creadores Díaz Jácome” co poemario Vou xogar ao fútbol coas letras do abecedario, a partir de aí gañará varios premios de poesía dentro e fóra de Galiza. Atopámola na Antología del beso. Poesía última española, en blogs como Las afinidades electivas, El coloquio de los perros e revistas como Dulce arsénico e Poe+. No 2013 publica Vestida de domingo, Antoloxía poética bilingüe dentro da colección Alcálima de Romania Minor. Vive en Madrid dende hai unha década. Alí mestura a súa vida poética coa de actriz e dramaturga. Funda a compañía Meninas Teatro, participa en recitais de poesía e no Poetry Slam Madrid, forma parte do Prostíbulo poético, escribe e roda curtametraxes, produce micro teatros, é creadora nos colectivos Las Tizas Magdalenas Periféricas e Hacedoras de la Puerta e recentemente é unha das fundadoras da compañía de teatro-danza La Méduse. Hai un tempo decidiu pechar os ollos e abrir a boca para berrar de dor, pracer, fame e angustia. Foi entón cando vomitou cada un dos seus anacos ata que se desfixo enteira. Ama xogar coas palabras, espir o seu corpo e parir a súa alma de nómade, de feirante.

Fala cando mastiga, cando escribe cospe.

www.fatimadelgado.com/