Embernallúas

Disponibilidade: Brasil/Europa

Seime vagabunda de teitos baixos.
Morbosa ninfa de pedras vellas,
onde agochar o dente na noite
para afondar un momento que se me fai eterno.

Vago espida polas formas,
seite lonxe e, aínda así,
respírasme co instinto salvaxe
de quen non cruzou a porta.

Constrúesme dende o imaxinario.

Eu, o xemido silencioso,
colado aos agarimos,
na profundidade da cova na que nos atopamos.

 

R$45,00

_sobre este livro

Pode parecer o nome dun soño, ou un topónimo, mais Embernallúas é o nome dunha muller que se multiplica e nada entre o Navia e o Elba. Se simplifico, diría que é erotismo e canibalismo. Se afino, diría que é líquida, lubricada, fluída, anfibia… devora, derrétese. Os suxeitos humanos transfórmanse en elementos: respírasme, exhalámonos.

E todo vai indo amodiño, engorde, todo é parte dun todo. Pasan os anos e van mudando os rexistros numéricos do Madoz; a aldea mingua, minguan as almas e mingua a veciñanza… e baléirase. E como pano de fondo deste baleirar atopamos o desexo caníbal do outro. Con braveza e cunha linguaxe fera, Eva multiplícase e derrétenos.

Patricia Buxán

_outras informações

isbn: 978-65-5900-207-8
idioma: galego
formato: 12,5 x 16
páginas: 70
ano de edição: 2022
edição: 2ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0