Náufragas no mar e na terra

Disponibilidade: Brasil/Europa

Nadia quería seguir un soño,
Aínda sabendo das incertezas
Unidas todas pola evidente
Falta de noticias daquelas
Reféns do berce de pobreza
Ao que un deus distraído
Guindou sen esperanzas,
Agás a de xogarse a vida
Saíndo ao abismo do mar.

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

As mulleres que abriron os camiños antes ca nós transitan estes versos a través das penas, dos nomes que quedaron atrás porque somos as que non somos. As outras. Todas as outras no condicional do noso ser colectivo. Ese no que ouveamos de dor, pero tamén no que procuramos soñar, o sorriso e a esperanza. É certo, foron tantos os naufraxios de nós mesmas, de mulleres invisibles que chegou o momento de ser libres e debuxar os camiños de noso. Agora, ti es quen fas a túa propia historia.

As estrofas deste libro de poemas sóbennos a unha balsa empurrada pola fame. Naveguemos xuntas ata o final que non remata na última sílaba. É tempo de continuar o relato de todas aquelas ás que a lúa non lles pasa pola porta. A pesar de todo. Contra a resistencia do esquecemento. Elisabeth Oliveira

Eli Ríos

 

_outras informações

idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5 cm
páginas: 54
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2019
edição: 1ª edição

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0