O ELO

Disponibilidade: Brasil/Europa

hai nos teus ollos un cráter
/
un pulmón morto
* *
*
e pregúntome
como meter eí a Casa de Barro
se non collo nin eu
* *
*
se nin a min me pertencen estas lembranzas
/
se as vosas promesas eran vosas

 

 

R$52,00

_sobre este livro

Sobre este livro

“O poema non pode suplanta-lo verbo do rito” pero sinala a ferida e a sede. No Elo poema e colaxe son a carne sobre a que traballa o sagrado, o amuleto, a fascinación que nos libera e nos ata. Se non nos é dado dicir, os textos/imaxes colocarán o coitelo entre o semiótico e o simbólico: entender polos sentidos, o mantra, a textura do corte.

Algunhas verdades íntimas artéllanse fóra dos códigos da linguaxe. Entón o impronunciable xestiónase no tacto, na repetición aprendida, no sagrado. O ritual a aflorar no límite (Kristeva e a maldición do abxecto).

Este lume non se prende aquí para incendiar, senón para arder lento e constante na penumbra. Os mistos dos cirios, a candea bendicida na Candeloria, o incenso. Erguemos a vista e preparámonos estendendo a lingua para recibir o suave tacto do corpo ofrecido. Sacratissimo Corde atravesado de flores e delicadas espiñas. Como nos moldea a culpa e mailo sacrificio? Quico  Emma Pedreira

Lorena Souto

_outras informações

ISBN:978-65-87076-13-3
Idioma: galego
Encadernação: brochura
Formato: 16 x 23cm
Páginas: 64
Papel: pólen 90 gramas
Ano de edição: 2020
Edição: 1ª edição

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0