Luís López Alonso


(1977, Sarria, Galiza)
Após a súa poesía merecer varios recoñecementos, como o 1º premio no xxiii Certame Literario Minerva (Compostela, 1995), fica afastado do ámbito editorial e licénciase en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Durante eses cinco lustros de mutismo escribe varios poemarios —hogano inéditos— e artigos de crítica literaria. Tamén colabora nalgunhas revistas tanto orais como impresas (v.g. O pazo das musas, Xistral, Grial), publicacións (Chan da Pólvora), recitais e intervencións artísticas.
No eido do audiovisual, crea e guioniza as dúas tempadas da serie televisiva de animación Cocorico (oqo Filmes-RTVG).
Xa no presente, recibe, na categoría de poesía, o 1º Premio 2019 de poesía, relato e tradución da Universidade de Vigo, onde se gradúa en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e, actualmente, está a continuar a súa andaina académica.
Salífero é a súa primeira publicación individual de poesía.