Moncho Iglesias Míguez


(Galicia, 1974), publicou os poemarios 3’141516, Oda as nais perennes con fillos caducos entre os brazos, Abuelita/Avoíña. Amais, algúns dos seus poemas apareceron en revistas como Dorna e en publicacións en rede, e traduciu poesía, como a escolma do palestino Mahmud Darwix, en edición bilingüe árabe-galego, Carné de identidade. Alén da poesía, sacou do prelo as novelas Tres cores: azul e Don Pepe, e traduciu os relatos de O condutor de autobús que quería ser Deus e Saudades de Kissinger, de Etgar Keret, do hebreo ao galego, e Un mapa do lar, dende o inglés, de Randa Jarrar. Como articulista, colabora no diario Praza pública e na revista Tempos Novos, onde publicou o artigo gañador do XV premio Johán Carballeira de xornalismo, “Corea do Norte: a vida dese outro lado”. Amais de escribir, dedícase á fotografía e é profesor, unha actividade que o levou a diferentes países do mundo como Bangladesh, na actualidade, e anteriormente a China, Palestina ou México

https://www.facebook.com/moncho.iglesiasmiguez.1