Corazón de vaca e outras visceras

Disponibilidade: Brasil/Europa

Todo aconteceu unha noite de tronada. Estabamos a navegar
e sentín que afundiamos. Preguei:
Santa Bárbara do ceo
que es a máis bendita
sácanos deste apuro
ou déixote, maldita
A vela da dorna rachou cun lóstrego. Berrei:
—Xaime, achica!

 

R$50,00

_sobre este livro

Exótica, misteriosa e, por veces, implacable, a prosa de Andreia Costas non deixa indiferente pola súa forza e atrevemento. É incisiva e mais tamén sutil por momentos e, por riba de todo, traslada a espazos moi persoais que nos convida a descubrir.

En Corazón de vaca e outras vísceras, a autora presenta un conxunto de relatos onde inflorescencias de gran porte se compaxinan con gromos de vidas inquietantes ou tristes que nos fan ollar ao chan para comprender a súa furia, como deixados por un inesperado e violento refacho de aire.

Este libro que agora nos ofrece Andreia Costas caracterízase pola ausencia de medo; por unha creatividade que consegue contravir a orde preestablecida da ortodoxia das convencións (tamén das literarias). A autora chouta estes límites na procura dun estilo de seu, recoñecible, que a distingue do tumulto. Un selo propio, infrecuente, tamén, nas plumas do universo literario no que se vén presentar.

_outras informações

isbn: 978-65-87938-20-2
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5
páginas: 146 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2021
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0