Vagar de náuseas

Disponibilidade: Brasil/Europa

O símbolo é un tótem e os seus remendos,
un saco de coiro e vísceras
como única manifestación tanxible.
Máis aló (diso) do home, inmundicia;
horas mortas que se arrastran con parsimonia
sobre pontes que nunca cruzarás.
Atravesándoas saberías da culpa que atenaza,
do ruxir das cicatrices, do silencio e a súa parálise.
Coñecerías a arrogancia do lume labrando
castigos en incres de condescendencia;
o fedor dos recordos.
E saberías tamén que, roto o hime,
non serías xa de ningunha parte.
Se acaso nación de ti mesmo.
Incontestable anarquía. Ramón Sánchez Ramón Sánchez 

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

Agora establece a perda como punto de partida. Logo esa amálgama de asuncións vertebrando o conxunto, a liña torta pola que transitan as ausencias. Tampouco intentes ocultar a fenda baixo o entullo nin silenciar o ouveo para acalar a sede. Só enfrontando o lobo rexurdirá o home. Mais non delongues a urxencia. Falta pouco para a noite e xa entraches no verso.

_outras informações

isbn: 978-65-5900-009-8
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16,5
páginas: 52 páginas
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2020
edição: 1ª

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0