Versos para alén da ponte

Disponibilidade: Brasil/Europa

Morte. Só vexo morte. Morte irrigada
no palpitar da estirpe, mai raíz
arrolando a extinción, a cicatriz
dunha memoria anémica até a nada.

Sentado na lareira da sagrada
tribo, choro a partida da cerviz
cangada coa metástase motriz
da morte, só da morte por espada

recidiva, teimudo carcinoma
de esquezos que me amnesia. Perfusión,
ser oxaliplatino na procura

do ensalmo salutífero, un soma
en perpetuo escrutinio, ablución
fronte á morte: esta vida que perdura.

R$45,00

_sobre este livro

_sobre este livro

«Teño medo de cruzar a ponte. Teño medo de cruzar a ponte ». No medio da brétema con que a morfina, o haloperidol e o fentanilo acariñaban a conciencia de miña mai na planta de coidados paliativos do Hospital Lucus Augusti, estas palabras xurdidas da súa boca moribunda abriron unha raiola de ferinte lucidez. Tras varios anos nos que a morte avanzou coa lentitude dunha apisoadora, devastando o seu corpo nunha longa serie de operacións cirúrxicas e terapias químicas e radioactivas, aquela frase tiña a forza incontestable dos arquetipos junguianos. Di Juan Eduardo Cirlot, no seu Dicionario de símbolos, que «…o paso da ponte é a transición dun estado a outro, en diversos niveis (épocas da vida, estados do ser), pero a outra beira, por definición, é a morte». Miña mai non sabía quen eran Jung ou Cirlot e, probablemente, nunca escoitara palabras como arquetipo; pero naqueles días falou con asiduidade cos seus devanceiros mortos e deu os pasos para afrontar aquel último desafío. Estes versos escribíronse antes, durante e despois deste episodio nas nosas vidas, brutal e definitivo como unha amputación; irrevogable tamén, como unha ponte. Xosé de Cea

_outras informações

isbn:978-65-87076-40-9
idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 14 x 19,5cm
páginas: 72
papel: pólen 90 gramas
ano de edição: 2020
edição: 1ª edição

Carrinho

Cart is empty

Subtotal
R$0.00
0